Free Web Hosting with Website Builder

O padre Lino Gómez Canedo, naceu en 1908 en San Xulián de Coiro, concello de Laracha (A Coruña). Fillo de labregos, vestía o hábito franciscano no convento de San Diego de Canedo (Pontevedra) en agosto de 1923 e máis tarde estuda filosofía no convento da Nosa Señora de Vistahermosa (Ourense) e teoloxía en San Francisco de Santiago de Compostela, onde profesa o 25 de xuño de 1929 e é ordenado sacerdote en xuño de 1931.

En 1533 viaxa a Roma donde se licencia en Historia Eclesiástica, o que lle valería para incorporarse a Academia Americana da Historia, con sede en Washington, onde traballaría durante varias décadas. Desde a sua época de estudante naceu nel a vocación de historiador, disciplina na que entraría baixo a orientación de frei Atanasio López Fernández. O pai Gómez Canedo, era un incansable home de letras e de palabras conferenciantes que, ao compás dos seus quefaceres clericales, empregou toda a súa vida para furgar neses cartafoles eclesiástico-historiográficos que hoxe se atopan repartidos polas diversas bibliotecas e institucións culturais da nosa xeografía e as dos continentes americano e asiático, deixando un numerosísimo legado histórico de incalculable valor documental. Morreu en Cidade de México o 24 de decembro de 1990.

Ligazóns externas







Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History